O sábado 12 será o Entroido de Trabada
A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, ten as actividades para o Entroido que será o sábado 12 de marzo e que como de costume será o derradeiro Entroido da Mariña.
Contarán coa pulpería Mario de Viveiro para dar de comer e cear o sábado e unha verbena amenizada polos grupos Eureka e DJ Decibelios.
O desfile dará comezo as 18.00 horas e acto seguido faráse entrega dos premios as 00.00 horas. Tamén venderanse rifas durante o desfile e no comezo da verbena e ao longo da noite sortearanse 3 cestas con produtos típicos desta época.
Para participar é necesario anotarse chamando ao 636 864 132 ou o mesmo día do desfile antes das 17.00 horas.
A cuantía dos premios do desfile ascende a 3.000 euros a repartir entre todas as categorías. Para cumprir coa normativa, todos os participantes do desfile deberan levar mascarilla e presentar o certificado covid.