O río Xunco, en Cervo, foi o protagonista da XVI Limpeza Simultánea

AMariñaXa
Este domingo ACR Fervenza de Sargadelos participou por primeira vez na XV Limpeza Simultánea Móllate polos ríos.
limpeza rios simultanea 2023 cervo
26 sep 2023

Este domingo ACR Fervenza de Sargadelos participou por primeira vez na XV Limpeza Simultánea Móllate polos ríos. Un total de 11 persoas voluntarias dedicaron a mañá a limpar un treito do río Xunco en Cervo, do que retiraron por volta de 30 kg de lixo.

De entre os residuos que sacaron destacan unha batería, botellas e restos de vidro, tecidos e plásticos.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Dende a Concellería de Medio Ambiente agradecen aos voluntarios que “se mollaran po los ríos” e animan a todolos interesados a participar en vindeiras iniciativas de protección do territorio.

0.20435380935669