O Ribadeo FC organiza unha festa dos anos 80 para recadar fondos
O Ribadeo Fútbol Club organiza unha festa dos anos 80 para recadar fondos destinados a esta entidade deportiva. Será o mércores 27 de marzo desde as 23:00 horas na discoteca Rosa Lareira. Contará coa actuación do grupo ribadense Corazóns Novos e tamén haberá un DJ que ofrecerá música dos 80. Ademais entre os asistentes sortearase unha cea para dúas persoas no Restaurante San Miguel, de Ribadeo. O prezo da entrada é de 5 euros.
Víctor López Pérez, directivo do Ribadeo FC, explica: “aproveitando a Semana Santa organizamos esta festa, para ofrecer unha alternativa de lecer máis para que a xente de Ribadeo, dos arredores e doutros lugares que nos visiten nestas datas páseno ben e de paso axuden a mellorar a situación económica do club”.
Para este evento o Ribadeo FC conta co patrocinio do Restaurante San Miguel, de Ribadeo, e coa colaboración do grupo Corazóns Novos, da Delegación de Deportes e Mocidade do Concello de Ribadeo e da discoteca Rosa Lareira.