O Ribadeo de Tapeo 2022, que da comeza hoxe, inclúe a I Gastro-Oca
O Ribadeo de Tapeo 2022, que da comezo hoxe, inclúe a I Gastro-Oca o 16 de maio a partires das oito e media da tarde. Para participar é preciso anotarse.
O Ribadeo de Tapeo, que xa vai na súa décimo quinta edición, vaise celebrar entre o 14 e o 22 de maio e no que participan 32 establecementos da hostalería da vila. O prezo das tapas será este ano de 2 euros e, como novidade, tamén haberá tapas para vexetarianos e específicas para celíacos; precisamente con ese obxectivo traballamos en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia.
Así mesmo contarán coa proposta dos Soños Gastronómicos, na que 9 dos nosos establecementos hostaleiros ofrecerán descontos en estancias para poder gozar dunha excelente escapada gastronómica en Ribadeo. E tamén poderase gozar das Sobremesas Culturais, con concertos, actividades na natureza e eventos culturais coma Letras no Campo.
Ademais este ano para pandillas e grupos organízase a primeira Gastro-Oca, un xogo dirixido a maiores de 18 anos, composto de varias probas baseándonos no popular xogo de mesa A Oca e no que os equipos poderán ir superando proba tras proba para lograr un obxectivo. Esta Gastro-Oca dará comezo o luns 16 de maio ás 20.30 horas no Cantón dos Moreno e participarán equipos formados por entre 5 e 10 participantes como máximo. Para apuntarse deben contactar co correo electrónico turismo@ribadeo.org ou chamar á oficina de turismo a través do teléfono 982.128.689. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de maio.
Toda a información relacionada co Ribadeo de Tapeo irase publicando en diferentes formatos e aplicacións, concretamente na páxina web tapeo.ribadeo.org ou na app creada expresamente, Ribadeo de Tapeo, así como nas diferentes redes sociais.