O Resurrection Fest anunciou aos australianos Parkway Drive como novos cabezas de cartel
O Resurrection Fest anunciou aos australianos Parkway Drive como novos cabezas de cartel da súa edición de 2023. A primeira edición que contará con catro días de festival completo, cos seus catro escenarios funcionando desde o primeiro día .
Os australianos, quen deu un dos concertos máis antolóxicos da historia do festival en 2019, volven a Viveiro cun renovado directo. Un dos espectáculos de música en directo máis grandes en todo o mundo. Unha banda que xamais deixou de crecer e que hoxe en día está entre as bandas máis grandes do rock a nivel mundial.
Cancións como Glitch, Vice Grip ou Wild Eyes son a día de hoxe himnos xeracionais que farán tremer Viveiro e gozar a decenas de miles de persoas en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023.
Outra das bandas máis grandes da historia do metal, os brasileiros Soulfly tamén estarán en Resurrection Fest Estrela Galicia. Max Cavalera e os seus volven a Viveiro oito anos despois para deixar claro por que son unha da bandas con máis personalidade en todo o mundo e para repasar a súa carreira, a cal conta xa con máis de vinte e cinco anos.
A superbanda Elegant Weapons, integrada por Rex Brown (baixista de Pantera, outros das grandes cabezas de cartel do festival en 2023), o guitarrista Richie Faulkner e o bateria Scott Travis (ambos de Judas Priest) e o vocalista Ronnie Romero de Rainbow, actuará en Viveiro tamén nesta próxima edición. Sen dúbida un dos grandes atractivos deste ano.
A banda americana de rock Mammoth WVH é outra das confirmacións que o festival galego anuncia hoxe. O proxecto formado por Wolfgang Van Halen, fillo do mítico guitarrista Eddie Van Halen. O legado dun dos mitos máis grandes da historia do rock estará presente en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023.
Dismal completan esta nova quenda de confirmacións. Os vigueses pisarán por primeira vez Resurrection Fest Estrela Galicia., Unha das bandas máis lendarias do hardcore metal galego que congregará no seu escenario a miles de seguidores.
Á súa vez, o anuncio de hoxe serve para anunciar a división de bandas por día para Resurrection Fest Estrela Galicia 2023. Os escandinavos Ghost encabezarán o mércores. O primeiro día de festival e o primeiro con todos os seus escenarios funcionando desde a súa apertura de portas. Será a gran guinda dunha primeira xornada de festival histórica.
O xoves será a quenda para o regreso máis esperado da historia do metal. A reunión de Pantera será a gran actuación desta xornada. O regreso dun mito en directo en exclusiva en España será en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023.
Os americanos Slipknot volverán encabezar unha xornada mítica de Resurrection Fest Estrela Galicia 2023. Os de Iowa veñen con novo álbum debaixo do brazo. Corey Taylor volverá poñer patas para arriba Viveiro nun dos concertos do ano.
E os australianos Parkway Drive encabezarán a última xornada do festival. O punto final para outra edición no que, durante catro días consecutivos, en catro escenarios, Resurrection Fest Estrela Galicia volverá ser un dos epicentros do rock e do metal a nivel mundial. Viveiro volverá ser a capital do rock en España e un referente en Europa.
MIÉRCOLES 28 DE JUNIO.
Ghost
Behemoth
The Ghost Inside
Motionless In White
Dead By April
Ktulu
Perturbator
Alcest
Born Of Osiris
As Everything Unfolds
Cemican
Lampr3a
Hatebreed
The Baboon Show
Wargasm
Jesus Piece
Slope
Youcanthide
Amenra
The Inspector Cluzo
Sylvaine
Rodeo
JUEVES 29 DE JUNIO.
Pantera
Powerwolf
Alterbridge
Elegant Weapons
Vended
Landmvrks
Morphium
Lacuna Coil
Carpathian Forest
Butcher Babies
Imperial Triumphant
Baest
Evil Impulse
Black Flag
Kublai Khan TX
Harm’s Way
Corrosive
Mammoth WVH
1000Mods
Dune
Steak
Exxasens
VIERNES 30 DE JUNIO.
Slipknot
Papa Roach
Fever333
Blind Channel
Nothing More
Megara
Meshuggah
Sleep Token
Wind Rose
Nervosa
Dismal
Dark Embrace
Man With A Mission
Employed To Serve
Attila
Ghostkid
Paledusk
Escuela de Odio
Kadavar
Lucifer
Brutus
Konvent
Rosy Finch
SÁBADO 1 DE JULIO.
Parkway Drive
Architects
Soulfly
Rise Of The Northstar
Polar
Brothers Till We Die
Amaranthe
Belphegor
Evile
Orbit Culture
Parasite Inc
Diabulus In Musica
Desakato (gira de despedida)
H20
Lion’s Law
Spiritworld
Me Fritos And Gimme Cheetos
Oscuto Culto
Mono
Coven
Hällas
Sangre de Muérdago
Florence Black
Deleiba