O Resurrection Fest amplía o seu cartel para o XX aniversario

AMariñaXa
Son varios os artistas que, en toda España, só terán esta cita no próximo ano, como Falling In Reverse
resu-cartel
5 Dec 2024

O festival de rock, punk, metal e hardcore, Resurrection Fest Estrela Galicia está de aniversario e cumpre vinte anos. Viveiro ten garantido acoller a súa edición máis grande. Os cabezas de cartel xa anunciados: Slipknot, KoRn, Judas Priest e Till Lindemann foron acollidos cos brazos abertos polos seus fans quen xa compraron entradas desde máis de trinta países diferentes.

Aos grandes nomes xa anunciados por Resurrection Fest Estrela Galicia, súmanse hoxe outros 81 para sumar un total de 85 os artistas xa confirmados. O aniversario deste ano celebrarase ao grande durante catro días en catro escenarios.

Os americanos Falling In Reverse non se quixeron perder o vinte aniversario de Resurrection Fest. Ronnie Radke e os seus, tras encher grandes pavillóns como o Sant Jordi Club de Barcelona ou o palacio Vistalegre de Madrid volven a España para dar o seu único concerto en España en 2025 no Main Stage de Resurrection Fest.

Os ucraínos Jinjer volverán ao noso escenario principal en 2025. Será tamén a súa data exclusiva no noso país en 2025. Os liderados pola incrible frontwoman Tatiana Shmaylyuk e a súa groove metal son unha das bandas máis admiradas polos fans de Resurrection Fest e o seu directo é unha garantía de éxito alá por onde actúan.

Unha das bandas máis mediáticas do rock and roll do século XXI, Eagles Of Death Metal Tamén estarán no Main Stage de Resurrection Fest. Con centos de millóns de reproducións en plataformas dixitais, os americanos son unha das bandas máis demandadas polos fans do rock and roll graxento en todo o mundo.

Os ingleses Skindred tampouco se quixeron perder o aniversario do festival galego. Unha das bandas máis queridas polos fans cun dos directos máis divertidos que xamais se viron en Viveiro. Seven Hours After Violet tamén son outros grandes confirmados en Resurrection Fest Estrela Galicia 2025. A banda formada polo baixista de System Of A Down Shavo Odadjian, serán unha das atraccións principais da edición do próximo mes de xuño.

Os españois Angelus Apatrida son unha das bandas máis importantes do thrash metal en toda Europa. É, ademais, a banda que en máis ocasións actuou na historia do Resurrection Fest Estrela Galicia. Por iso este aniversario non podería realizarse sen a súa presenza que será celebrada polas súas decenas de miles de fans.

Crossfaith, unha das bandas máis importantes do metal de Xapón volverán ao noso festival tras conquistar o noso mainstage en 2022 nun dos mellores concertos que se lembran na historia do festival. Desde afastados horizontes tamén chegarán Northlane. Os australianos pasaron por Resurrection Fest Estrela Galicia en 2017 e quixeron facer unha parada en Viveiro na súa limitada xira polo vello continente. Un pracer para o festival volver contar con eles.

A soprano finlandesa Tarja quixo parar en Resurrection Fest por primeira vez para celebrar esta data que se presaxia como mítica. Unha das voces máis grandes do metal, líder de Nightwish ata o ano 2005, europeo e unha das frontwoman máis admiradas polo público do festival. Os suízos Zeal & Ardor son unha das bandas máis en forma da escena black metal en todo o mundo. A banda estará presente por primeira vez no vinte aniversario do festival.

Quen non estarán por primeira vez en Resurrection Fest serán Municipal Waste. O seu directo e o seu crossover thrash transformaranse en toda unha festa en Resurrection Fest Estrela Galicia 2024. Os suecos Soen son outro nome destacado deste anuncio. O metal progresivo é outro dos estilos máis demandados polos fans “do Resu”, polo que serán miles de fans celebrarán este anuncio. Vader son unha das bandas máis lonxevas da historia do death metal. Os polacos, toda unha referencia histórica no xénero, estarán en Resurrection Fest por vez primeira.

As suecas Crucified Bárbara son outro dos proxectos confirmados no line up de Resurrection Fest Estrela Galicia 2025. Tras dez anos, a banda reúnese e a de Resurrection Fest Estrela Galicia será a súa única data en España en 2025. O seu hard rock enraizado nos sons escandinavos fará botar a decenas de miles de fanáticos que asistirán ao seu concerto no festival.

Pero Resurrection Fest Estrela Galicia tamén conta con talento galego. Un exemplo son os enormes Heredeiros Da Crus, unha das bandas de rock máis grandes da historia de Galicia, fundada en 1992, estarán en Resurrection Fest Estrela Galicia 2025.

Completan este anuncio Signs Of The Swarm, Death Angel, Kanonenfieber, Skynd, Lost Society, Unprocessed, Gutalax, Mental Cruelty, Vowws, Tetrach, Broken By The Scream, Gigatrón, Party Canon, Aphonnic, Stesy, Stain The Canvas, Killus, The Broken Horizon, Deimocrazy, PI.L.T., Holy Wars, Split Chain, Terminal Sleep, Blackgold, Spy, Silicon Flesh, Ezpalak, Arquivo Adxunto, Not Yet, Motorjesus, Eihwar, The Southern River Band, Slomosa, Slow Crush, Love Letter, Prom Kinks, Against The Waves, Messa, Dirty Sound Magnet, Moonshine Wagon, Moura, Maragda, The Riff Truckers e Saturna.

HOMENAXE AO RESURRECTION FEST 2006

Aqueles fans do festival decatáronse da presenza de tres bandas que actuaron na primeira e mítica edición do festival en 2006. Walls Of Jericho, Anal Hard e Sound Of Silence son o únicas tres bandas que seguen en activo daquela primeira edición. Neste aniversario, non podían faltar nesta celebración de vinte anos de música en directo en Viveiro. A organización do festival quixo convidalos e recoñecer a súa enorme achega naquel primeiro e tan importante paso de, por aquel entón, pequeno festival que terminou sendo un dos máis grandes do seu xénero en toda Europa e unha referencia a nivel mundial.

 

0.16870307922363