O Resurrection Fest 2025 confirma as súas datas
A nova edición do Resurrection Fest en Viveiro xa ten as súas datas confirmadas. A cita que celebrará o seu 20 aniversario terá lugar do 25 ao 28 de xuño. No último cartel lograron xuntar a grandes artisitas internacionais como Alice Cooper, Machine Head, Kerry King, Bring me The Horizon ou Bruce Dickinson, entre outros, que lograron convertir ao municipio en capital da música durante cinco días.
A 19° edición do festival Viveiro acumulou horas e horas de grandes concertos para todos os públicos e xéneros. Entre os momentos especiais encima dos escenarios destacan a despedida de Sum 41, a dobre colaboración de Babymetal e Electric Callboy, o maior wall of death da nosa historia ou o endshow. Pero todos os artistas e as súas grandes actuacións conseguiron unha vez máis que o festival sexa todo un referente a nivel europeo e mundial entre público e artistas. O recinto segue vendo melloras ano tras ano e o Boulevard seguiu sendo un acerto. As novas barras e a nova zona Pandemonium están aquí para quedar, así como a nova zona de merch, facendo que a Resurrection Fest City fose o máis cómoda posible.
Segundo comentaron os organizadores, esta última edición foi que reuniu máis artistas internacionais; con público procedente de 43 países; e 1.500 persoas apuntadas para casar durante a cita, que organizará vodas por segundo ano consecutivo. Alice Cooper, Machine Head, Kerry King, Bring me The Horizon, Bruce Dickinson, Delain. The Offstring, Corey Taylor, Sôber, Avenged Sevenfold, Megadeth ou Electric Callbo foron algunhas das bandas que fixeron desfrutar a todos os presentes ao ritmo do black metal galaico, o punk ou o metalcore.