O Resurrection anuncia as primeiras confirmacións para o 2022
A organización do festival viveirense anunciou xa as datas da edición de 2022, despois de ser aprazado un ano máis por mor da pandemia.
Así, o festival en 2022 celebrarase do 29 de xuño ao 3 de xullo e xa anunciaron de que haberá algunha sorpresa máis por anunciar.
"Por segunda vez, queremos agradecer a vosa paciencia tras dous anos de esforzo e sufrimento para saír adiante nesta situación tan dura para todo o mundo. Sodes o mellor público posible. E é por iso que, como xa sabedes, o Resurrection Fest Estrela Galicia 2022 contará cun día completo extra que será gratis para todo o mundo que tiña un abono de 3 ou 4 días como premio por gardar as súas entradas tanto tempo e confiar en nós", dixeron dende a organización.
A maioría de bandas seguen no cartel, e poderase desfrutar dunha cabeceira incrible: Avenged Sevenfold (data única en España e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), KoRn (único festival en España), Judas Priest - 50 years (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca en España), quen será os encargados de encabezar os cinco días de festival, xunto con outras bandas como Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival en España), Bullet For My Valentine ou Opeth, que tamén brillarán con luz propia.
Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres e recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry. Pechando a warm- up tamén teremos a Bleed From Within e Serrabulho e por último Hamlet, Vita Imana, Skunk D. F., Onza, Free City e Bolu2 Death tamén actuarán no escenario principal.
Nos escenarios temáticos contarán con grandes artistas, como sempre. No Ritual Stage contaremos con Dark Funeral, Decapitated, Bloodbath, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Enforced, Infected Rain, Neaera, Benighted, Master Boot Record, Dead Label, Gaerea ou As Everything Unfolds.
No Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozarase de Madball, Lionheart, Raised Fist, Knocked Loose, Morning Again, Moscow Death Brigade, Doyle, Employed to Serve, Belvedere, Svalbard, Misconduct, A Armada, Blowfuse, Ruxe Ruxe e True Mountains, entre outros.
Por último no Desert, volven Amenra co seu incrible espectáculo, o carismático Nergal con Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Toundra presentando o seu novo disco ao grande, Planet of Zeus, Torche, My Sleeping Karma, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Les Hommes Tomber, Frutería Toñi e Chris Masuak cos seus Viviero Wave Riders Association.
Á súa vez, teráncase todos os artistas nacionais do ano pasado e algunha nova incorporación, deixando un cartel incrible tras dous anos de ausencia.
Sobre as entradas, as que foron gardadas do ano pasado son automaticamente válidas para 2022. O luns que vén, 12 de xullo, ás 12.00 horas do mediodía, sacaranse novos abonos e entradas que quedaron tras as devolucións do ano pasado, as cales foron moi poucas.