O repenicar dos bolillos volve a Burela no XIV Encontro de Palilleiras

AMariñaXa
Este evento, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeras, agarda contar con máis de 700 participantes, dos que 665 serán persoas palillando
encaixeiras_burela
Presentación do encontro
17 May 2024

O concello de Burela acolle este sábado o seu XIV Encontro de Palilleiras. Este evento, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeras, agarda contar con máis de 700 participantes, dos que 665 serán persoas palillando.

O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela en horario de mañá e de tarde, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo Reina del Carmen. “Quero agradecer á asociación As Encaixeiras todo o seu traballo e a súa implicación para sacar adiante este encontro, que é todo un referente na programación sociocultural, por suposto, de Burela, pero tamén da comarca da Mariña e da provincia”, sinala a alcaldesa Carmela López.

A rexedora destacou a importancia de “axudar a conservar e a poñer en valor este tipo de actividades ligadas á nosa cultura e ás nosas tradicións e, en especial, aquelas nas que as mulleres tiveron e seguen tendo un papel totalmente esencial”. Ademais, é “unha oportunidade marabillosa para dar a coñecer a vila,e en particular o porto e o barco museo”, engadiu.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, destacou que “a cultura, a tradición e a artesanía son enxalzadas neste día, cuns traballos moi minuciosos feitos por mulleres que merecen ser mostrados e desfrutados”. A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11.30 horas á inauguración do acto, seguida dunha degustación de empanada de merluza e dunha viaxe ó Monte Castelo e á Igrexa Vila do Medio. Ó mediodía haberá un parón para a comida e xa pola tarde será a quenda dun sorteo de regalos ás 17.30 horas.

Durante toda a xornada as palilleiras estarán traballando no porto, intercambiando coñecementos entre elas e amosando a súa arte ós que se acheguen. En paralelo a este programa tamén haberá unha exposición de mantillas bordadas e mantillas de bolillos procedentes da colección privada de Sol Teijeiro e un obradoiro de Marisa Hermida, Creación dunha mimosa, para un grupo de vinte persoas, previa inscrición.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19351410865784