O reglamento contra a contaminación por granulado endurécese
Hai uns meses, o granulado aterraban na costa galega, unha vertedura de microplásticos que se constatou daniña para os ecosistemas e que podería selo tamén para a saúde humana. Ante este panorama, e coincidindo co Día Internacional da Nai Terra, o Parlamento Europeo adoptou o informe sobre o regulamento relativo á prevención das perdas de granulado, cuxas negociacións coa Eurocámara lideraron os socialistas europeos.
“Os grandes contaminadores de granulado deben pagar polo dano provocado nas costas, pero sobre todo deben facer prevención”, apuntou o eurodeputado Nicolás González Casares, quen aplaudiu a decisión de ampliar o ámbito de aplicación da regulación aos transportistas de fóra da Unión Europea, sector marítimo incluído, co obxectivo de conseguir cero perdas. “Trátase dunha regulación ambiciosa que leva o compromiso de que quen contamina paga”, engadiu.
Coas medidas propostas polo Parlamento, impoñerase aos operadores e transportistas de granulado a responsabilidade de monitorear e limpar as verteduras, así como de xestionar de maneira máis rigorosa a identificación, almacenamento e transporte dos contedores de granulado. Todo isto a pesar dos intentos do Partido Popular Europeo por rebaixar as propostas da Comisión, propoñendo excluír a un maior número de operadores e diminuír os requisitos para as análises de cumprimento normativo e os plans de análises de riscos.