O recinto feiral de Vegadeo terá unha actividade de robótica e programación Lego
AMariñaXa
O recinto feiral de Vegadeo acollerá unha actividade de robótica e programación Lego para o vindeiro mes de agosto.
29 Xul 2022
O recinto feiral de Vegadeo acollerá unha actividade de robótica e programación Lego para o vindeiro mes de agosto.
Neste curso aprenderase sobre realidade virtual, manexo de drons, deseño 3d e tecnogames e as prazas son limitadas polo que compre anotarse canto antes na we do concello.
Haberá dúas quendas de 10.00 a 12.00 horas para nenos de 5 a 8 anos e de 12.00 a 14.00 horas para maiores de 9 anos.
As datas de realización de este interesante curso será os xoves de agosto, 4, 11, 18 e 25 e estará impartido por Magdius Formación.