O recinto feiral de Vegadeo acolle un mercado de segunda man
O recinto feiral de Vegadeo acolle un mercado de segunda man o 7 de decembro desde as 10.30 horas ata as 17.00h. Poderase gañar diñeiro e tamén conseguir aquilo que se necesita a bo prezo.
Desde a organización sinalan que a principal vantaxe á hora de vender artigos usados é a económica. Gañar diñeiro vendendo produtos que xa non empregas e que poderían rematar no lixo. Inciden que hai que asegurarse de que os produtos que se vaian vender se atopen en bo estado e coas súas funcións.
Tamén vender artigos de segunda man implica darlles unha nova vida útil e reciclalos, evitando así que os obxectos en bo estado se perdan. Ademais tamén se contribúe a reducir o custo do planeta á hora de ter que fabricar novos produtos.
Para saber que opcións levar ao mercado propoñen estas preguntas: tes demasiadas cousas? A maioría que non usas desde fai anos; Queres renovar o armario? Pero non dispós de espazo; Notas que algunha das túas pertenzas xa non forma parte destes tempos?; Queres cambiar o coche, a bicicleta ou a moto? Pero necesitas vender a que tes; Queres ser máis comprometido co medio ambiente e reciclar? Pois reivindican que é este mercado o que se precisa e esta ligazón.