O rastrillo solidario de Burela anima a doar dous kilos de alimentos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Ago 2019

En Burela está aberta a inscrición para participar no segundo Rastrillo Popular Solidario do verán, que se celebrará este domingo, 11 de agosto, en horario de 10 a 15 horas na praza da Mariña.

Desde a Concellería de Cultura lembran que “para anotarse hai que doar 2 quilos de alimentos que irán destinados ao Banco de Alimentos de Burela. As inscricións poden facerse chamando á Casa da Xuventude aos seguintes teléfonos: 982 58 11 41 e 608 158 170”.

A axenda cultural da fin de semana inclúe teatro infantil ao aire libre. Será este venres, día 9, na praza da Mariña ás 21:00 horas. O espectáculo, Meme, el caracol prehistórico, está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. Trátase dunha divertida función da que poderá gozar toda a familia. Os máis peques descubrirán a música desde o máis básico ata o rock ou a sinfónica. 

0.1889271736145