O punto limpo móbil do Concello está ata o 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende

AMariñaXa
O punto limpo móbil do Concello de Ribadeo está ata o 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende
020223 Foto punto mobil V copia
26 Feb 2023

O punto limpo móbil do Concello está ata o 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende. Esta é a quinta parada deste vehículo, adquirido hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias.

Despois do 9 ao 23 de marzo estará situado a carón da escola de Couxela; do 23 de marzo ao 5 de abril na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril nas inmediacións da escola de Couxela; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.

A veciñanza pode depositar no punto limpo móbil “residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”, segundo lembra o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, que anima á veciñanza “a facer uso deste novo servizo que puxemos en marcha a principios deste ano 2023”.

Desde o equipo de goberno subliñan que “esta é unha forma de achegar a reciclaxe ás parroquias de Ribadeo e de concienciar á poboación da súa importancia”.

0.16795086860657