O punto limpo móbil do Concello burelés estará nas inmediacións do Ceip Vista Alegre

TerraChaXa | AMariñaXa
O punto limpo móbil do Concello burelés estará nas inmediacións do ceip vista alegre. (na explanada a carón da gardería). 
18 Nov 2020

O punto limpo móbil do Concello burelés estará situado o vindeiro venres, día 20, nas inmediacións do CEIP Vista Alegre (na explanada a carón da gardería).

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “os nenos e nenas de infantil dese centro están a preparar un proxecto europeo de reciclaxe e deste xeito terán a posibilidade de saber qué tipo de residuos se poden depositar no punto limpo móbil. Os cativos poderán levar os seus propios obxectos para deixar nesa instalación”.

O punto limpo móbil estará alí situado de 9 a 14:00 horas.

0.083975076675415