O punto limpo móbil de Ribadeo está ata o 23 de febreiro no Círculo Habanero da Devesa
O punto limpo móbil do Concello está ata o 23 de febreiro no Círculo Habanero da Devesa. Esta é a cuarta parada deste vehículo, adquirido hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias.
A continuación do 23 de febreiro ao 9 de marzo estará situado no campo da festa en Santalla de Vilausende; do 9 ao 23 de marzo a carón da escola de Couxela; do 23 de marzo ao 5 de abril na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril a carón da escola de Couxela; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.
A veciñanza pode depositar no punto limpo móbil “residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”, segundo lembra o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, que anima á veciñanza “a facer uso deste novo servizo que puxemos en marcha a principios deste ano 2023”.
Desde o equipo de goberno subliñan que “esta é unha forma de achegar a reciclaxe ás parroquias de Ribadeo e de concienciar á poboación da súa importancia”.