O punto limpo móbil de Ribadeo continúa o seu servizo polas parroquias

AMariñaXa
O punto limpo móbil, adquirido polo Concello de Ribadeo hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias, continúa o seu servizo.
18 Jan 2023

O punto limpo móbil, adquirido polo Concello de Ribadeo hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias, continúa o seu servizo.

Despois de que na primeira semana estivera en Vilaselán, estará situado do 12 ao 26 de xaneiro no campo da festa de Piñeira; do 26 de xaneiro ao 9 de febreiro na área recreativa de Vilaframil; do 9 ao 23 de febreiro estará no Círculo Habanero na Devesa; do 23 de febreiro ao 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende; do 9 ao 23 de marzo a carón da escola de Couxela; do 23 de marzo ao 5 de abril na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril a carón da escola de Couxela; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.

Unha vez rematada esta primeira quenda en maio, seguirá a segunda rotación na mesma orde e así ata principios do 2024. O calendario xa está feito e comezou a aplicarse.

Tamén se colocou un punto limpo de proximidade en Rinlo e adquiriuse este móbil no que a veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá depositar residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17695808410645