O punto limpo móbil de Barreiros estará esta semana en Val do Caínzo

AMariñaXa
O punto limpo móbil que implantou o Concello de Barreiros estará estes días en funcionamento en Val do Caínzo
Punto limpo mobil barreiros
15 Xuño 2022

O punto limpo móbil chegou ao Val do Caínzo, e estará situado a carón da capela, onde permanecerá nos vindeiros días.

Dende o Concello lembran que poden depositar nel pequenos aparellos eléctricos, pilas, calzado, bombillas, etc., sempre que entren polas bocas habilitadas. En caso contrario poderase solicitar os servizos de recollida de enseres a domicilio no 982.12.40.02.

0.19510388374329