O punto limpo de Ribadeo estará pechado o luns 4 de novembro

AMariñaXa
Debido a que o domingo é a festividade de San Martín de Porres, patrón dos barrendeiros
carton-reciclaxe
30 Out 2024

O Concello de Ribadeo informa de que o vindeiro domingo, 3 de novembro, celébrase a festividade de San Martín de Porres, patrón dos barrenderos. Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “por este motivo o punto limpo vai estar pechado o luns, 4 de novembro, e non haberá recollida de cartón porta a porta o martes, día 5”.

E engaden: “Agradecemos a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo para que o luns non se acheguen ao punto limpo e dos comerciantes da nosa vila para o que o vindeiro martes non saquen o cartón á rúa. Este servizo retomarase con normalidade o xoves, 7 de novembro”.

0.19671678543091