O PSOE reclama no Parlamento a reposición do cardiólogo no hospital da Mariña

AMariñaXa
Din que no Hospital da Costa hai tres prazas de cardioloxía pero que a día de hoxe só hai un cardiólogo e atende unicamente urxencias
hospital costa burela
9 Feb 2021

Os socialistas reclaman no Parlamento ao Goberno de Feijóo a que de xeito urxente repoña o servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña, polo menos ao seu nivel previo a Setembro de 2020. Así o anunciou hoxe a Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero quen avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre as carencias deste servizo na Mariña Lucense.

Otero tamén quere coñecer a opinión da Consellería de Sanidade sobre si considera que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións, cun só cardiólogo.

A Deputada sinala que o Hospital da Mariña, sito en Burela, é o hospital de referencia da zona Norte da Provincia de Lugo e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes, que se incrementa de xeito exponencial nas vacacións. Advirte que hai tres prazas de cardioloxía, “sen embargo a día de hoxe o Hospital só conta cun único cardiólogo que só atende as urxencias , tal e como veñen de denunciar pacientes e a Plataforma Sanitaria da Mariña”.

Explica ademais que en Setembro de 2020 un dos cardiólogos do Hospital da Mariña solicitou unha excedencia, sen que a día de hoxe o Sergas cubrira esta vacante. A finais do ano 2020 o Sergas afirmaba que a atención na área de cardioloxía se atopaba garantizada polo feito de que quedaban dous cardiólogos no Hospital.

Tal e como puidemos coñecer “dende fai 15 días, debido a una incapacide temporal, tamén falta a segunda cardióloga que forma parte deste servicio, quedando un único cardiólogo no servicio de cardioloxía no Hospital da Mariña, que só atende urxencias”.

Otero denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na Comarca da Mariña por parte da Xunta de Galicia”.

MEDIDAS

A dirixente socialista quere coñecer si “a Consellería de Sanidade cree que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións?. Que medidas vai a tomar a Consellería de Sanidade para garantir que os enfermos con patoloxías cardíacas reciban a asistencia?. E cando pensa a Consellería de Sanidade cubrir as tres prazas de cardiólogos que existen no Hospital da Mariña?”.

Patricia Otero sinalou tamén que estas iniciativas serán presentadas diante da Plataforma Sanitaria da Mariña, coa que manterá unha xuntanza de traballo nas vindeiras datas para analizar este asunto, así como outros aspectos relacionados coa situación sanitaria da Comarca da Mariña.

0.14237380027771