O PSOE presenta unha candidatura "para seguir traballando por Trabada"

TerraChaXa | AMariñaXa
7 Maio 2019

O PSOE de Trabada presentou a súa candidatura ás eleccións municipais do 26 de maio na que repite como cabeza de lista a actual alcaldesa Mayra García que asegurou que "neste mandato, co apoio do equipo de goberno, puxemos en marcha moitos dos servizos públicos que este Concello demandaba".

Di a candidata socialista que "se por algo nos temos caracterizado é polo traballo a prol do benestar dos nosos maiores: Puxemos en marcha a tan ansiada residencia. Implantamos o servicio de transporte gratuíto para os maiores. Desenvolvemos os programas de terapia ocupacional nas parroquias".

Outro dos focos de atención que tiveron en conta foron aos máis pequenos do concello "para que teñan as mesmas oportunidades que os nenos de vilas máis grandes". Estableceron programas destinados a eles durante todo o ano e veñen de realizar as obras do punto de atención á infancia que "poñeremos en marcha no vindeiro curso, para así ampliar a oferta de servicios ás familias".

"Para facer de Trabada un pobo dinámico, no que apeteza vivir, contamos cunha oferta de ocio potente cunha amplia e variada programación cultural e deportiva. En definitiva, traballamos para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e favorecer o asentamento da poboación, porque a través da posta en marcha destes servicios xeramos emprego" asegura Mayra García.

Ademais explican na formación socialista que conseguiron todo o anterior "cunha xestión eficiente e saneando as contas municipais. É polo que queremos seguir traballando por Trabada; porque temos proxectos que levar a cabo e porque temos iniciativas comezadas que queremos rematar".

Xa que logo, presentan o equipo de dez persoas que forman parte da candidatura do PSOE para as eleccións municipais do 26 de maio, dos que sete xa formaran parte da lista na anterior candidatura.

Guadalupe Rego Rodríguez Pablo González Lastra Laura Gómez Carballo son os tres veciños que se suman, dando así protagonismo ás persoas empadronadas no noso Concello e que forman parte do noso día a día; co único obxectivo de entre todos seguir impulsando Trabada e continuar esta transformación iniciada fai catro anos.

Candidatura:

  1. Mayra García Bermúdez
  2. Julia María Barcia Fernández
  3. Guadalupe Rego Rodríguez
  4. Suevia Reimonde GAsalla
  5. Rubén García Freije
  6. Rosa María Pérez Prieto
  7. Pablo González Lastra
  8. Laura Gómez Carballo
  9. Alicia Yanes Maseda

1º suplente. José María Barcia Fernández

0.10214900970459