O PSOE pide á Xunta que apoie aos traballadores de Vestas e un plan de reinsdustrialización da Mariña

AMariñaXa
O PSOE insta ao Parlamento a reclamarlle á Xunta o apoio aos traballadores de Vestas e un plan de reinsdustrialización da Mariña
patricia otero parlamento
20 Out 2021

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas e dos seus deputados, Patricia Otero Rodríguez, Luís Álvarez Martínez, Martín Seco García e Leticia Gallego Sanromán, presentan ante a mesa unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 6ª. 

O anuncio da empresa Vestas de pechar as súas instalacións en Chavín supón, "por desgraza, un novo revés para a Mariña de Lugo, unha comarca que leva xa varios anos sufrindo as consecuencias da inacción e a falta de política industrial da Xunta de Galicia. A pesares de que o artigo 30.1 do noso Estatuto de autonomía atribúe ao Goberno galego a competencia exclusiva en fomento e planificación da actividade económica de Galicia”, o Partido Popular non fixo absolutamente nada ao respecto nos 12 anos ao fronte da Xunta de Galicia. 

"Ante a pasividade do Goberno da Xunta, o sector industrial galego perdeu arredor de 12.000 empregos nos anos anteriores á pandemia, e o seu peso no conxunto do PIB, o cal leva en caída moitos anos, redúcese a apenas un 16 %. Mentres, países da fachada atlántica como Irlanda, cunha cultura que garda moitos puntos de contacto coa galega, o peso da industria no PIB acada o 33 %", din os deputados socialistas. 

"Co Partido Popular, en Galicia pechan industrias e a Xunta de Galicia non promove as políticas necesarias para atraer empresas novas. Os dous millóns de metros cadrados de parcelas baleiras que suma Xestur son a mellor testemuña visual do fracaso da política industrial do Goberno autonómico. Mentres, os noso veciños do norte de Portugal atraen non só empresas estranxeiras senón que ofertan a empresas galegas condicións máis vantaxosas das que estas atopan por parte da Xunta de Galicia", egaden. 

A Mariña lucense, que leva tempo inmersa na preocupación xerada pola multinacional Alcoa, suma agora a ameaza de peche dunha nova industria importante, para a comarca e a súa provincia, sen que chegue dende o Goberno galego un só proxecto, un só plan pensado para reactivar a economía lucense. 

O PSdeG reclamou en varias ocasións ao Goberno da Xunta de Galicia un plan de industrialización para a Mariña lucense e para o conxunto da provincia de Lugo, sen obter outro resultado que o silencio. E cómpre lembrar que xunto coas competencias mencionadas no punto 1, do artigo 30 do noso Estatuto recolle competencias en industria (punto 2), así como os “ programas xenéricos para Galicia estimuladores da ampliación de actividades produtivas e implantación de novas empresas” (punto7b) e os  

Por iso, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar todas as medidas de apoio aos traballadores afectadas polo anuncio de peche da factoría de Vestas e para as súas familias.  E a realizar un plan de reindustrialización para a Mariña Lucense, con medidas concretas, achega orzamentaria, proxectos definidos e un calendario de execución e avaliación de resultados. 

0.10542702674866