O PP non acada os suficientes apoios para poder gobernar a pesar de ser primeira forza política
No caso da provincia de Lugo, o Partido Socialista acada un deputado, mentres que os populares conseguirían tres.
A noite electoral deste domingo, 23 de xullo, acolle ao gañador das eleccións xerais, nas que Pedro Sánchez, actual presidente do Goberno e candidato polo PSOE, enfróntase ao candidato do PP á presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, por conseguir a presidencia do Goberno de España.
Despois de pechar os colexios electorais ás 20.00 horas na Península e ás 19.00 horas nas Illas Canarias, comezou o escrutinio, que estableceu que os populares acadaran 136 escanos, 47 máis que nas anteriores eleccións do ano 2019; gañando así as eleccións.
Da mesma maneira, o PSOE conseguiu 122, Sumar 31, Vox 33, ERC 7, Junts 7, EHBildu 6, PNG 5, BNG 1, UPN 1 e Coalición Canaria 1. Todo isto indica que haberá que facer pactos para poder gobernar, tanto pola dereita como pola esquerda.
No caso da provincia de Lugo, o Partido Popular acadou tres dos catro deputados, mentres que o PSOE conseguiu un deputado.
Participación
Con respecto á participación, na provincia de Lugo a porcentaxe de participación superou o 54 %, un total de 144.581 lugueses e 2,62 puntos máis que nas eleccións de 2019. Mentres, tamén aumentou a porcentaxe de participación en Galicia en xeral, xa que foi dun 56 %, 2,7 puntos por riba do que o foi en 2019.