O PSOE do Vicedo presentará unha moción de respaldo a unha canle Xabarín

AMariñaXa
O voceiro socialista do Vicedo presentará unha moción no Pleno municipal en apoio á campaña para unha canle Xabaril Club na TVG
xabarin club 24 horasa mesa pola normalizacion linguistica
21 Maio 2021

O voceiro socialista do Concello do Vicedo, Vicente César Parapar, presentará unha moción no Pleno municipal en apoio á campaña e proposición non de lei de iniciativa popular para unha canle Xabarín Club na TVG e máis e. mellor difusión de promación infantil e xuvenil en galego impulsada pola mesa pola mesa da normalización lingüistica.

"A mediados dos 90 do século XX, Galicia situouse á vangarda dos contidos infantís e xuvenís coa programación do Xabaril Club da Televisión de Galicia. Con ela, non só contribuíu decisivamente á normalización da lingua galega senón tamén á difusión da música, da produción audiovisual e escénica desenvolvida no país", di Parapar.

"Esta situación mudou. Hoxe, a lingua galega é a única oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é que só o 4,6% da programación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana", engade o voceiro socialista.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todos os nenos, rapaces e raparigas do Estado español agás as galegas poden gozar dos mellores contidos televisivos na súa lingua.

Cómpre ter en conta que as novas xeracións adoitan consumir contidos noutros dispositivos como tabletas ou móbiles, polo que as aplicacións dos medios dedicadas aos contidos infantís tamén son moi importantes. Neste sentido, Clan TV de TVE ten unha aplicación que, ademais, dispón de diferentes actividades mais a pesar de ser unha canle pública, exclúe a opción en galego. Mentres, a App Xabaril da TVG, está sen actualizar desde 2018 e xa non é posíbel a descarga en dispositivos Android.

"Temos unha corporación pública con boas e bos profesionais que cómpre dotar de máis e mellores medios técnicos para ser unha ferramenta eficaz e de primeira orde para a normalización lingüística na mocidade", di Parapar.

Para permitir o visionado na lingua propia das series e filmes máis vistos, os gobernos vasco e catalán chegaron a acordos con plataformas como Movistar + para a emisión de todos os seus contidos coa opción de lexendado nas súas respectivas linguas. Non hai ningún motivo para que a infancia e mocidade galega non conte coas mesmas opcións para a visualización de contidos audiovisuais de éxito na súa lingua que se vivise en calquera outro territorio do Estado.

0.20524287223816