O PSOE do Vicedo pide a creación dunha comisión mixta para unificar as actuacións do Concello e o colexio
AMariñaXa
María Pérez Santaballa, avogada e ex concelleira socialista, é a candidata do PSdeG á Alcaldía do Vicedo para as eleccións
21 Jan 2024
O grupo municipal socialista do Concello do Vicedo presentou unha moción para o vindeiro Pleno ordinario que se celebrará a finais deste mes de xaneiro.
Nela piden a creación dunha comisión mixta formada por representantes municipais e representantes do Ceip do Vicedo coa finalidade de unificar as actuacións de ambas entidades.
A voceira municipal socialista, María Pérez Santaballa, di que “con esta medida trataranse as diversas problemáticas do centro e de cara a buscar o incremento de matrícula no mesmo.
"O colexio do Vicedo é un referente na Mariña por servizos prestados así como a súa atención individualizada e o trato familiar", remata dicindo Pérez Santaballa.