O PSOE do Vicedo critica que o alcalde "promova as obras cando non están ben rematadas"
Dende o grupo municipal socialista do Vicedo veñen de criticar que o alcalde "promova as obras cando non están ben rematadas".
Recentemente o alcalde do Vicedo , Jesús Novo, indicou que se renovou a cuberta do pavillón polideportivo onde tamén se substituíu o alumeado e o illamento mediante a colocación de novas fiestras. Tamén falou da substitución dun tramos de farois no aparcadoiro de Alegrín, no Fuciño do Porco e informou de que o corte de auga acontecido no lugar de Baltar "xa está solucionado".
Pola súa banda, os socialistas sinalan que o pavillón precisa un arranxo integral, "pois ten deficiencias importantes", e con respecto ás luces no Fuciño do Porco salientan "que hai lugares nos que viven veciños, como no Covelo, no Vicedo, no que día si e día tamén non funciona o alumeado público".
No relativo ao problema da auga no lugar da Corva e Baltar din que "segue a haber cortes estes día, ademais de que a auga servida está tremendamente sucia. Non valería, dende logo, para consumir".
https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/vicedo-amxa/238992/