O PSOE do Valadouro culpa á "unión" entre PP e BNG de non ter unha subvención

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda criticou con dureza o rexeitamento do PP e do BNG,  no Pleno de ordinario, da aprobación da segunda prórroga do convenio de colaboración pola xestión compartida do servizo de recollida de lixo e do punto limpo, entre os Concellos de Alfoz e Valadouro.
9 Nov 2019

O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda criticou con dureza o rexeitamento do PP e do BNG,  no Pleno de ordinario, da aprobación da segunda prórroga do convenio de colaboración pola xestión compartida do servizo de recollida de lixo e do punto limpo, entre os Concellos de Alfoz e Valadouro. 

O rexedor advirte que “a pinza que están utilizando o BNG e o PP no Valadouro impiden aos veciños beneficiarse dunha subvención de preto de 120.000 euros do Fondo de Compensación pola realización deste servizo”. 

Así as cousas Maseda argumenta “non entender absolutamente nada do que esta facendo a formación nacionalista no Valadouro, e creo que os veciños están aínda mais desorientados, porque o BNG non tivo ningún problema en aprobar a primeira prorroga deste convenio”. 

O máximo mandatario convidou ao BNG a achegarse a todas as parroquias da vila “para explicarlles a todos os veciños, un por un, que o BNG coa conivencia do PP fixo perder unha subvención de 120.000 euros, para realizar o servizo de recollida de lixo como se viña facendo ata o de agora”, sinalou.

“A orde do día do Pleno de novembro é bastante representativa do que fai á oposición no Valadouro, por unha banda non deixar gobernar rexeitando proxectos vitais para o Concello como o servizo de lixo, e por outra parte, a inacción nin unha soa proposta ou medida para mellorar a vida dos veciños, senón máis ben o contrario, como podemos comprobar”, espetou.

“Pídolles aos dous grupos que rectifiquen, que non castiguen ás veciñas e veciños do Valadouro pola súa inquiras puramente persoais. O Valadouro non merece este bloqueo e esta pinza, con decisións que só van conlevar ter menos recursos económicos e menos servizos”, dixo Edmundo Maseda.

0.18521285057068