O PSOE defende o "voto útil" na presentación da candidatura do partido ás eleccións Xerais

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
artido Socialista da provincia de Lugo presentou esta mañá nun almorzo informativo a súa candidatura ás vindeiras eleccións xerais,
PRESENTACION CANDIDATURA PSOE CONGRESO E SENADO
3 Xul 2023

Os candidatos do PSdeG-PSOE por Lugo ao Congreso e ao Senado celebraron un almorzo informativo cos medios onde presentaron a súa candidatura e as liñas estratéxicas desta campaña, nun acto que contou co apoio da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación José Tomé e a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez.

O Partido Socialista da provincia de Lugo presentou esta mañá nun almorzo informativo a súa candidatura ás vindeiras eleccións xerais, mulleres e homes cun obxectivo claro, a defensa de Lugo na axenda política estatal: “Queremos que a nosa provincia siga sendo a prioridade que foi durante o Goberno de Pedro Sánchez”, afirmou Gómez Besteiro.

Besteiro estivo acompañado por Patricia Otero, Eduardo Vidal e Gloria Prada, cos que encabeza a lista ao Congreso, e César Mogo, que lidera a lista ao Senado, seguido de Marina Ramudo e José Fernández, ademais dos suplentes. E contou co apoio da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e do presidente da Deputación, José Tomé, que tamén interviron na presentación.

O cabeza de lista ao Congreso asegurou que “o reto do 23 de xullo é avanzar ou retroceder e só hai un voto útil: o Partido Socialista. E hai un voto inútil: o PP”. Besteiro lembrou que sempre que goberna a dereita, Lugo perde “porque Feijóo sáelle moi caro a esta provincia”. Nesa liña, explicou que nestas eleccións hai en xogo “un Goberno que impulsa o progreso fronte a unha dereita destrutiva”, ao tempo que defendeu o protagonismo de Lugo en Madrid: “Nós que sentimos o orgullo de ser de Lugo e que nos debemos á veciñanza dos 67 concellos desta provincia, só atendemos a un obxectivo: facer lucensismo en Madrid, e seguir defendendo os intereses dos nosos veciños e veciñas”.

Os avances económicos e sociais

O cabeza de lista ao Congreso lembrou que foi Pedro Sánchez quen rescatou a Lugo do caixón no que o metera o PP: “E podo dicilo porque a provincia beneficiouse do maior aumento das pensións na historia da democracia, a suba do salario mínimo, o freo aos prezos da luz, dos alimentos e dos combustibles ou as axudas a autónomos, empresas e familias na pandemia”. Melloras sociais aprobadas, denunciou, pese ao voto en contra da dereita de Feijóo que, como non, “négouse tamén ao imposto ás grandes fortunas”.

Besteiro salientou que o Partido Popular non foi o único que votou en contra destas medidas: “O BNG non votou a favor do incremento das pensións, da bonificación do combustible ou da reforma laboral. Botámolos de menos”. E incidiu en que “non é momento de dispersar o voto porque só beneficia á dereita”.

Investimentos do Goberno de Pedro Sánchez en Lugo

Nun contexto complexo -pandemia, volcán e guerra- o candidato socialista destacou que o Goberno de Sánchez desbloqueou proxectos esenciais para a provincia como a estación intermodal de Lugo -con 26 millóns de euros xa adxudicados-; destinou máis cartos para acelerar as autovías a Santiago e a Ourense; tamén para a mellora da conexión ferroviaria con Ourense; ou para os avances nas conexións por estrada na Mariña co inicio da autovía A-74. “É dicir, reactivou todos os proxectos que o PP tiña con teas de araña”. Os datos están aí, insistiu, “cando gobernan os socialistas, Galicia e Lugo son prioridade. Boa proba disto é que “en cinco anos, Galicia recibiu 10.280 millóns de euros máis que nos últimos cinco anos do goberno de Rajoy”.

A lista de feitos é longa: “Os pensionistas, que son 1 de cada 3 lucenses, cobran hoxe con Pedro Sánchez 200 euros máis cada mes do que cobraban co PP no goberno central. E Sánchez apoiou o proceso de negociación de Alcoa en San Cibrao, preservando o emprego e a industria na provincia. Grazas a el podemos estar falando de fondos europeos para industrias en Lugo. E a protección do sector primario, tan relevante en Lugo, tamén estivo na súa axenda, con axudas e fondos europeos para os sectores agrícolas, lácteos, gandeiro e pesqueiro”.

Así mesmo, salientou “a experiencia, fiabilidade e a unión dos socialistas da provincia fronte “aos espectáculos do señor Rueda en Ourense e Pontevedra, onde os do PP están a matar. Ou mesmo en Lugo, onde a cidadanía apartounos das institucións cando presumían de que ían telo todo”. É dicir, “parecen non coñecer o conto da leiteira”, ironizou.

Por último, advertiu que un goberno do “PP e Vox, que son o mesmo, farán que teñas menos dereitos por falar galego, por ser muller, por ser gay, por ser un traballador ou por non ser de Madrid... Xa non é un tema de economía... o 23 de xullo trátase de loitar polo teu dereito a existir, a ser e a ter liberdade”.

O almorzo informativo tivo lugar no Hotel Mercure da capital, impulsado por un emprendedor de Lugo que obtivo fondos europeos captados polo goberno de Pedro Sánchez.

GOMEZ BESTEIRO PRESENTACION CANDIDATURA PSOE CONGRESO E SENADO PORTADA
GOMEZ BESTEIRO PRESENTACION CANDIDATURA PSOE CONGRESO E SENADO
0.17238306999207