O PSOE de Xove pon en valor o traballo da Deputación de Lugo no desbroce de vías

AMariñaXa
"Hai que resaltar a xestión da concelleira do PSdG-PSOE de Xove, que reclamou o presidente da Deputación que se activara este servizo", din
desbroces-Xove-PSOE
21 Xul 2024

Dende o Partido Socialista de Xove informan de que o pasado 15 de xullo se empezou a campaña de desbroce de cunetas das estradas da Deputación no Concello de Xove, unha vez arranxados os problemas debido a demora na contratación por problemas coa empresa que tiña adxudicado este servizo. Así, explican que xa están desbrozadas as vías de Faro a Esteiro a Vara o Cruceiro e Fontao.

"Esperamos que para finais deste mes estean todas limpas. Hai que resaltar a xestión da concelleira do PSdG-PSOE de Xove, que reclamou o presidente da Deputación que se activara este servizo. Rogelia Mariña ten xestionado coa Deputación a reparación destas estradas nun convenio co Concello que esperamos que pronto se firme, xa que está en proceso de documentar o  alcance de estas reparacións", explican.

Ademais, engaden que as estradas están "nunhas condicións lamentables e tamén si e certo que non se facía a campaña de desbroce hasta finais de agosto e algunhas quedaban sen limpar, pero o Goberno e oposición de Xove nada fixeron, agora acórdanse. Os veciños e veciñas de Xove o saben ben, así que agora non fai falta explicarlles nada, xa o ven, excepto algún que quere criticar dende a distancia sen coñecemento do que sucede en Xove", concluen.

0.19248509407043