O PSOE de Xove di que "os orzamentos son un copia e pega do 2023"
Os socialistas de Xove, por medio da súa concelleira Rogelia Mariña, vén de sinalar que "os orzamentos municipais 2024 recentemente aprobados son un copia e pega do 2023, é dicir, que non hai nada novo, nada se fala ou nada se formula para desenvolver os proxectos que Xove necesita". Estes orzamentos foron aprobados con 7 votos a favor do PP, 3 abstencións do BNG e 1 voto en contra do PSOE .
Por esta razón, a portavoz do PSOE de Xove presentou un documento no cal se incluían tres emendas (no capítulo de inversións); emendas que se resumen en ter un Centro de Día para os maiores, contar cunha escola infantil de 0-3 anos e que permita a conciliación laboral e familiar das novas parellas, e o saneamento en todas as parroquias do concelloÉ moi necesario poñer en marcha un plan para dotar a todo o concello dunha rede de saneamento e tratamento dos residuos, e en especial, na zona costeira para preservar e poñer en valor a calidade das augas e das praias.
Os socialistas din que o equipo de goberno "rexeitou as nosas propostas sen practicamente ter nada alternativo, todo son escusas e saídas pola tanxente".
"Co Centro de Día, din que están pensando en habilitar no edificio que hai a entrada de Palmeiro, sen concretar, queren apartar aos nosos maiores do centro de Xove", di Mariña.
"Da escola infantil", sinalan os socialistas que "non hai protestas, cando teñen aos nenos en aulas que parecen zulos e sen servizo de comedor e nun edificio inapropiado. Fai falla ter protestas para dotar aos máis pequenos dun espazo amplo, luminoso e axeitado".
En canto ao saneamento entenden que o mellor son "fosas sépticas indivuais e baleiralas cando as teñen cheas. "Este é o concepto que ten o PP de como coidar o medio ambiente e a contaminación, tanto das augas subterráneas como das fluviais e tamén das nosas praias".