O PSOE de Viveiro e a Deputación responden a nova demanda veciñal coa mellora do polideportivo municipal

TerraChaXa | AMariñaXa
16 Maio 2019

O PSOE dende os gobernos do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo responde a una nova demanda dos viveirense coa mellora do pavillón deportivo municipal.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informou que Concello e Deputación financian con 134.000 euros a renovación do pavimento de dita instalación municipal. Desta cantidade, o organismo provincial achega 115.000 euros e o Concello 19.000. Estes fondos xa figuran no Plan Único 2019.
María Loureiro destacou que “con estas actuacións damos resposta a unha necesidade e demanda veciñal, pois o pavillón deportivo, construído hai máis de 20 anos, require desta renovación”.
“Trátanse dunhas instalacións que empregan 300 deportistas do municipio de todas as idades que practican fútbol sala, baloncesto, ximnasia rítmica, bádminton, balonmán... Tras estes traballos, contaremos cun polideportivo de primeiro nivel para albergar competicións federadas”, explicou.
A alcaldesa apuntou que as obras estarán listas para o inicio da nova tempada deportiva. Consistirán na retirada do pavimento existente, limpeza e colocación do novo parqué de madeira, así como o repintado da pista deportiva.

0.14787006378174