O PSOE de Trabada fai balance dos investimentos durante o ano
Dende o PSOE de Trabada remataron o ano facendo balance da xestión. "Foi un ano moi difícil para todos, estivemos expostos a unha situación sin precedentes na que vimos como a dureza deste virus se levaba moitas vidas e nos cambiaba o estilo de vida dos que a día de hoxe podemos contalo, polo que agardamos que a tristeza deste ano remate con el e que o 2021 esté cargado de saúde, alegría e paz para todos!", indican.
Segundo indican os proxectos xestionados polos socialistas e executados neste exercicio foron de 407.461,60 euros e se ocuparon de nove actuacións principais:
- Rehabilitación da escola de Villapercide por importe de 115.738,72€.
- Mellora da accesibilidade á residencia e construcción dunha acera pola marxe esquerda na Ría de Abres por importe de 42.377,05€.
- Reconstrución da ponte de San Martiño por importe de 22.172,12€.
- Urbanización de museo por importe de 39.706,86€.
- Acondicionamento e mellora do acceso a Vilapena por importe de 40.505,00€.
- Urbanización do acceso á escola de Vilapercide por importe de 10.750,00€.
- Obras do parque infantil na Ría de Abres por importe de 23.818,85€.
- Equipamento do Centro Etnográfico José Rocha por importe de 36.300,00€.
- Reparación Área Choza, por importe de 60.000,00€.
- Recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 no Concello de Trabada na área recreativa da Choza e na fraga da Belosiña, por importe de 16.093,00€.
Por outra banda, tamén presentaron os proxectos xestionados que se executarán nos vindeiros meses e que teñen un orzamento total de 549.038,35 euros. Os máis destados serían:
- Reconstrución da ponte de Paxarín, por importe de 23.744,51€.
- Pavimentación dos camiños de acceso ao Bargo, Vilasuso, Carreirachá por importe de 55.962,50€.
- Construción da pista de pádel por importe de 36.306,47€.
- Reparación da cuberta na escola de Sante por importe de 15.559,01€.
- Rehabilitación da vivenda de Vilapercide por importe de 39.998,96€.
- Construción do aparcamento de autocaravanas na Ría de Abres por importe de 40.492,72€.
- Pavimentación do último tramo da estrada provincial LU-P-5506, que conecta Trabada con Lugo, por un importe de 152.500,00€.
- Obras de reposición do parque infantil de Trabada situado ao lado do Concello, por importe de 14.520,00€.
- Rehabilitación enerxética da envolvente térmica do punto de atención á infancia e da cámara agraria, por importe de 86.892,00€
Finalmente a alcaldesa, Mayra García Bermúdez lembrou as axudas ás asociacións de veciños:
- Acondicionamento da cuberta do Teleclube de Sante: 28.062,18€
- Acondicionamento da cuberta do Teleclube de Vilaformán: 40.000,00€
- Abastecemento en Carreirachá: 15.000,00€