O PSOE de Ribadeo demanda o inicio das obras da praza da Música

AMariñaXa
Os Socialistas de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras de reparación na Praza da Música, pola que foi condenado.
RIBADEO GARAXE PRAZA DA MUSICA_portada
23 Feb 2021

Os socialistas de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras de reparación na praza da Música, pola que foi condenado a reparar así como os danos ocasionados nos garaxes dalgúns edificios lindeiros debido as filtracións de auga.

Segundo puidemos constatar, na notificación da execución da sentencia, o Concello de Ribadeo ten de prazo ata a finais de febreiro para arranxar esta praza, “pero a día de hoxe alí non se moveu nin unha soa pedra”.

Dende a agrupación socialista de Ribadeo lembran que a sentenza, contra a que non cabe recurso ordinario, descarta a posibilidade dunha incorrecta execución da obra da Praza pois, desde que foi recibida polo Concello no ano 2000, non se presentou ningunha obxección.

“Foron os propios afectados e propietarios os que nos alertaron desta situación de desamparo, na que o Concello aínda non realizou ningún arranxo neste espazo. Ademais, tal e como consta na notificación, si o Concello non executa as obras nos prazos previstos poderá ser sancionado con multas, sen prexuicio das responsabilidades patrimoniais que houbera. Por iso preguntámonos a que espera o alcalde para executar esta obra?”.

RIBADEO GARAXE PRAZA DA MUSICA
0.14597415924072