O PSOE de Mondoñedo pregunta polo pago dunha licencia de taxi
O Grupo Socialista de Mondoñedo interesouse na pasada sesión plenaria celebrada o pasado venres 5 de febreiro, polo proceso no que se atopa a petición dos veciños de cortar os eucaliptos que se atopan encima do barrio dos Muíños. Segundo trasladaron nesta sesión plenaria, fallan algúns tramites burocráticos para rematar con ese proceso.
Ademais o Grupo Socialista tamén interpelou ao Goberno Municipal sobre o pago da licencia dun taxi, cun custe para as arcas municipais de 10.000 euros, tal e como consta na acta da Xunta de Goberno que aprobada o 20 de xaneiro de 2021, e cuxo proceso xa se iniciará no ano 2018.
Hai que lembrar que o pasado 29 de xuño de 2018, en sesión plenaria o Concello aprobou só cos votos do PP, o pago desta licencia de taxi e que se inicien os tramites de amortización desta praza. Iso si, faise con recursos públicos de todos os mindonienses, que van a indemnizar con 10.000 euros a un taxista por xubilarse. Dende o PSdeG-PSOE de Mondoñedo rexeitamos que se pague por esta licencia para facer esta operación. Non hai que esquecer que a licenza de taxista concédea o propio o Concello. Por iso preguntámonos se cando se xubile un autónomo particular tamén vai ser indemnizado con cargo as arcas municipais.