O PSOE de Mondoñedo pregunta polo futuro da praza da Catedral
Os socialistas de Mondoñedo interpelaron ao Goberno Local sobre as obras que vai executar o concello na Praza da Catedral, na pasada sesión plenaria do mes de marzo. Concretamente o Grupo Socialista rexistrou unha pregunta para coñecer as previsións do Goberno do PP, sobre esta espazo, trala presentación deste proxecto o pasado mes de decembro diante da cidadania e no que recolleu as inquedanzas das veciñas e veciños sobre esta remodelación. Polo tanto queremos coñecer cal vai ser o proxecto que finalmente vai executar o Concello de Mondoñedo neste enclave. Nesta sesión plenaria o Goberno local contestou que van responder ás alegacións que se realizaron, e que tamén darán conta dos informes que están realizando os técnicos do Concello.
O Grupo Socialista de Mondoñedo tamén quixo coñecer o destino dunha factura por importe de 2.370 euros, dunha empresa audiovisual lucense, destinada a proxección de películas. Segundo o Goberno Local con cargo a este investimento proxectáronse dúas películas, no mes de xaneiro, ás que asistiron un total de 38 espectadores.
Ademais interesámonos pola destino da madeira da árbore de grandes dimensións que caeu na parte baixa do cemiterio vello do Concello. No que a día de hoxe xa se procedeu a súa retirada, e comunicáronnos que a madeira non vale para arder, e que está destinada a diversos centros de invetigación para o seu estudo.
Por último, a través dun rogo, “demandamos ao Concello que inicie un expediente de comprobación, para estudar as inscricións catastrais realizadas pola Igrexa católica no noso concello, coa finalidade de verificar que non afecten a bens de titularidade pública. E dar conta ao Pleno da Corporación do resultado da comprobación realizada”.