O PSOE de Mondoñedo advirte “que as contas do Concello non saen, xa que gastan máis do que ingresan”

AMariñaXa
A voceira do PSOE de Mondoñedo advirte “que as contas do Concello non saen, xa que gastan máis do que ingresan”
Esperanza González PSOE Mondonedo 2023  7
3 Apr 2023

A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González advertiu que as contas do Concello precisan mais contención de gasto. Así se evidenciou na Comisión de Contas, celebrada na pasada semana, na que se constatou que o Concello “non saen, xa que gasta máis do que ingresa”, unha situación nada favorable para as arcas municipais.

Ademais tamén hai que puntualizar que o Goberno do PP aprobou unha novo expediente de modificación extraxudicial de crédito, “unha práctica habitual do goberno municipal coa que comprobamos que o Concello xa non dispón de partidas orzamentarias para diversos gastos ordinarios, e só estamos no mes de abril”. Por este motivo a secretaria do Concello puntualiza nas observacións do seu informe, como ben facendo habitualmente,  “que non sabe si este gasto vai afectar a estabilidade orzamentaria do Concello”.

Obras na Praza da Catedral

O Grupo Socialista de Mondoñedo, tamén se interesou, unha vez mais, polo remate das obras da Praza da Catedral. “Comezaron hai fai máis dun ano e seguen sen rematarse, algo inaudito”. Ademais sinalan que cada día “reciben máis criticas da veciñanza, que esta alarmada de ver este espazo da Catedral en estado de abandono”.

Auga no rio Valiñadares

Nesa mesma sesión plenaria o Grupo Socialista tamén emprazou ao Concello a colaborar coas administracións competentes, “para devolverlle a auga á canle do río Valiñadares, xa que está sen auga dende fai tempo”. “O Barrio dos Muíños é un dos emblemas de Mondoñedo, pero dende fai tempo sofre problemas co caudal do rio, que non se da arranxado. E polo que comprobamos ningunha administración se fai cargo deste problema. E unha vez máis os afectados somos os veciños e veciñas que sufrimos esta situación de abandono”.

Dimisión de Elena Candia

No pleno ordinario do mes marzo, tamén se ratificou a dimisión de Elena Candia como membro da corporación municipal de Mondoñedo. No mes de xaneiro Candia anunciará aos medios de comunicación que ía presentar a súa renuncia como concelleira de Mondoñedo, tras autoproclamarse a finais de xullo do 2022, candidata á Alcaldía de Lugo polo PP. “Polo tanto estivo 8 meses sen presentarse a unha soa reunión no Concello, tanto a plenos, comisións ou xuntas de goberno”.

rio valinadares mondonedo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17832398414612