O PSOE de Foz presenta unha nova executiva para abrir unha etapa de política útil e próxima

Foz
AMariñaXa
Fran Cajoto e Carlos García lideran un proxecto baseado na escoita activa, o traballo diario e a mellora da calidade de vida da veciñanza
Foz-executiva-local-2025
27 Jun 2025

A agrupación socialista de Foz vén de dar a coñecer a súa nova executiva local, un equipo renovado que combina experiencia, compromiso e ilusión para afrontar unha nova etapa política no municipio. Á fronte estarán o secretario xeral Fran Cajoto e o responsable de organización Carlos García, que impulsarán un proxecto centrado na mellora do día a día da cidadanía.

Desde o PSOE defenden un xeito de gobernar baseado na “Pequena Política”, unha forma de facer que pon o foco nos xestos cotiáns e útiles, na proximidade e no sentido común. “Temos claro que non se precisa grandilocuencia para facer política útil”, sinalou Cajoto, quen incidiu en que “a verdadeira transformación empeza nas cousas pequenas: nos servizos que funcionan, nos espazos públicos coidados e nunha administración que atende e escoita”.

A nova executiva ten como obxectivo construír un proxecto de vila a longo prazo, con horizonte no 2027, sustentado na planificación, na participación activa da veciñanza e na aposta polo ben común. “Queremos facer de Foz unha vila máis amable, accesible e viva, onde todos conten e poidan achegar. A política tamén é saber coidar, e iso é o que entendemos por a política que importa”, explicou Carlos García.

Con esta nova etapa, o PSOE de Foz aposta por un modelo político discreto pero efectivo, afastado do ruído e centrado nas persoas. A agrupación comprométese a traballar con constancia e seriedade, fortalecendo a organización e abríndose á cidadanía para avanzar cara a un futuro máis xusto e equilibrado para todos e todas.

⚙ Configurar cookies
0.16653490066528