O PSOE de Foz establece a mellora de camiños e da cobertura móbil como unha prioridade nas parroquias

Foz
AMariñaXa
O PSOE de Foz establece a mellora de camiños e da cobertura de telefonía móbil como unha prioridade nas parroquias de Foz
barrosa_nois foz
17 Maio 2023

Despois da estensión de fibra óptica levada a cabo nesta lexislatura pretende eliminar os problemas de cobertura de telefonía móbil e mellorar o sinal de televisión.

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Foz e actual rexedor remarca como unha prioridade mellorar o firme dos camiños. “Nesta lexislatura loitamos contra o illamento das zonas poboadas. Por exemplo no acceso ao barrio de Brea, en Nois, máis de 2,5 km de camiño de terra que era o único acceso dos veciños ás súas vivendas: agora ten asfalto.  Cada vez invertimos máis en conservación, pero debemos incrementar as partidas para avanzar máis na mellora de viais: é unha prioridade”.

Outro eslabón importante na mellora da conectividade no rural é o sinal de telefonía móbil, unha vez que se estendeu a fibra óptica por todo o Concello. “Hai zonas completamente sen cobertura, como no caso de Brea, Fontao, Teixeira ou Trasmonte, que imos solucionar cunha antena que se instalará este ano segundo as previsións. Quédanos pendente Cordido, parte de Cangas ou o Caritel en San Martiño.  Mellorar as comunicacións nas parroquias significa atender as necesidade dos veciños e asentar na poboación. Queremos seguir traballando cun obxectivo claro: mellorar Foz, tamén nas parroquias”, remata Fran Cajoto.

0.20933294296265