O PSOE completa a lista de candidatos en todos os concellos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Partido Socialista, de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28M e presenta candidaturas nos 67 concellos lucenses.
psoe provincial eleccions
21 Abr 2023

A Executiva Provincial do PSdeG aprobou onte as propostas de lista de Friol, Muras, Xove e Paradela, que foron validadas pola Comisión de Listas nunha reunión inmediatamente posterior. Polo tanto, os socialistas teñen candidatos no 100% dos municipios.

O Partido Socialista cumpre cun dos grandes obxectivos marcados polo Secretario Xeral da provincia, José Tomé Roca, de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28M e presenta candidaturas nos 67 concellos lucenses.

A Executiva Provincial do PSdeG aprobou na tarde de onte as propostas de lista de Friol, Muras, Xove e Paradela, que foron validadas pola Comisión de Listas nunha reunión inmediatamente posterior. Polo tanto, os socialistas teñen candidatos no 100% dos municipios da provincia.

O Secretario Xeral mostrou a súa satisfacción por cumprir co obxectivo de presentar lista nos 67 concellos, e facelo “cos mellores candidatos e candidatas, as mellores candidaturas e os mellores proxectos de futuro” para “consolidar as alcaldías que temos, gañar outras novas e manter a Deputación de Lugo”, subliñou o Secretario Xeral do partido na provincia.

O feito de cubrir a totalidade dos concellos e de presentar candidatos “solventes, cun fondo coñecemento do seu concello, preparación, propostas e máximo compromiso cos seus veciños” demostra “a fortaleza, o dinamismo, o traballo e a capacidade de ilusionar do PSdeG”, asegurou José Tomé Roca.

A presencia de mulleres, fito histórico

Froito diso, o Partido Socialista da provincia renova o 37% dos candidatos, combinando mocidade e experiencia, e convértese na forza política pola que se presenta un maior número de mulleres en Galicia, con 24, o que representa o 36%, “un fito histórico do que nos sentimos moi orgullosos e unha mostra clara da nosa continua aposta real pola igualdade, na que seguiremos traballando”, explicou o líder dos socialistas lucenses.

As candidaturas aprobadas onte son as de Friol, que lidera Ana María Pardo Lorenzo; Xove, que encabeza Rogelia Mariña Pernas; Muras, con María Jennifer Gómez Galego de candidata; e Paradela, con Iván Castro Díaz como candidato á Alcaldía. 

Novas expectativas en moitos concellos

“Somos moitos e seremos máis”, recalcou o líder dos socialistas, incidindo en que o Partido Socialista conta hoxe con 27 alcaldías e forma parte doutros tres gobernos locais, o que supón 30 concellos que aglutinan “á maioría social” da provincia, ao representar o 65% da poboación, ademais de gobernar na Deputación de Lugo.

Dende este “bo punto de partida”, asegurou, “saímos a gañar estas eleccións. Cos candidatos e candidatas que presentamos estamos en condicións de renovar as alcaldías que temos, mellorando os resultados nalgúns casos”. “Temos clarísimas posibilidades de alcanzar outras novas, onde quedamos a un puñado de votos na última cita electoral; e abrimos novas expectativas en moitos outros concellos”, subliñou o Secretario Xeral.

candidatos del psoe
0.18304920196533