O PSOE asegura que o goberno do PP en Cervo incumpriu a regra de gasto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Ago 2019

Os socialistas expresáronse deste modo despois da celebración o venres do Pleno Ordinario, na que se aprobou cos votos a favor do PP, o Plan Económico Financeiro 2019-2020, o instrumento que establece a Lei de Estabilidade Presupuestaria para as administracións que, como Cervo, incumpran a regla de gasto. "Villares, a pesar de que leva case dúas décadas o fronte do Concello de Cervo, aínda non ten claro cales son as obrigas", extremo que, a xuízo dos socialistas, ven a demostrar que "tampouco no ámbito económico é capaz de desenrolar unha xestión a altura do que se merecen os cervenses". 

Así, o apuntaron que, segundo establece o Plan aprobado, durante este ano e o que ven o Concello practicamente non acometerá inversión algunha, levando a cabo soamente as que ten en execución do exercicio pasado de 2018. "Si os orzamentos eran unha mera entelequia, agora directamente é papel mollado" 

"Temos un equipo de Goberno que anda a arreos sen un plan prefixado, que toma decisións sen a debidas consideracións prexudicando claramente os intereses dos Cervenses, como o “fiasco” do Paseo Peonil de Sargadelos; e que nin sequera é capaz de desenrolar unha xestión que cumpra a lei, cando menos...” 

Por outra parte, os socialistas lamentan o "burdo intento" do Partido Popular de "minimizar" a importancia deste "suspenso rotundo" a xestión do equipo de Goberno, que lle impoñen "as normas creadas polos seus propios compañeiros do PP cando estaban no Ministerio de Facenda". De tódalas formas "Aquí no hai herdanzas recibidas ni administracións inimigas, aquí hai un PP incapaz de sacar adiante un Concello que levan xestionando 19 anos". 

"Por moito diñeiro que se gasten en publicidade e asesores de comunicación, por moitos slogans e titulares, a realidade é que temos un equipo de Goberno que xestiona mal o noso diñeiro e cando menos é escurantista". 

Por último, os socialistas consideran que os Cervenses "teñen que saber" que o incumprimento terá un impacto, queiran ou non, sobre a calidade dos servizos que van a recibir. Así, haberá actuacións que se verán comprometidas ou retrasadas, posibles revisións de contratos a baixa, e por último, pode afectar seriamente os orzamentos do 2019 e anos seguintes porque se reduce a base do gasto computable.

0.09026312828064