O PSOE alerta da falta de delegado de Mar e Pesca en Lugo

AMariñaXa
Dez meses despois, a Delegación Territorial segue sen responsable, prexudicando ao sector mariñeiro e a interlocución coa Xunta
Viveiro-delegacion-mar-e-pesca
30 Jan 2026

O Partido Socialista de Viveiro e da Mariña manifestou a súa preocupación pola situación que vive a provincia de Lugo, que leva xa dez meses sen delegado ou delegada de Mar e Pesca. Este cargo, clave para o funcionamento do sector e para garantir unha interlocución directa coas confrarías e profesionais do mar, continúa baleiro, o que provoca graves prexuízos para o servizo público nun territorio con gran relevancia pesqueira.

O PSOE lembra que a anterior responsable deste posto é hoxe alcaldesa de Viveiro e que durante a súa etapa á fronte da Delegación, sendo concelleira na oposición, o cargo chegou a empregarse como trampolín político, trasladando reunións institucionais fóra do Concello para garantir visibilidade política. A actual situación evidencia, segundo os socialistas, o risco de que o cargo siga a tratarse como unha ferramenta partidista, en lugar de atender ás necesidades reais da frota mariñeira e da comarca.

O PSOE esixe á Xunta de Galicia o nomeamento inmediato dun delegado ou delegada cualificada, con compromiso institucional, que poña fin ao uso partidista e traballe en beneficio do sector e da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.083721876144409