O PSdeG de O Vicedo abre as portas da súa Casa do Pobo

O PSdeG de O Vicedo dará un paso importante na súa traxectoria política coa apertura da súa nova Casa do Pobo, un espazo pensado para fomentar o encontro, o diálogo e a implicación cidadá. A inauguración terá lugar o sábado 31 de maio, ás 18:00 horas, na Travesía da Mariña número 63 (baixo), nas antigas instalacións da farmacia.
Tras meses de traballo constante e dunha intensa dedicación, a agrupación socialista presenta esta nova sede como un proxecto construído coa vontade de escoitar á veciñanza, recoller inquedanzas e promover iniciativas que melloren a calidade de vida no concello. A Casa do Pobo non será só unha oficina política, senón un lugar de portas abertas onde compartir ideas, sumar esforzos e reforzar os lazos comunitarios.
Desde a formación socialista animan a todas as veciñas e veciños a asistir ao acto de apertura, que consideran un punto de inflexión no camiño do PSdeG local. “Este espazo é de todas e todos; queremos que sexa un reflexo do noso compromiso co pobo e cunha política feita desde abaixo, coa xente e para a xente”, sinalan desde o partido.
A apertura da Casa do Pobo simboliza así un novo impulso no proxecto político socialista en O Vicedo, que aposta por construír un futuro máis participativo, xusto e solidario para todo o municipio.