O próximo 10 de outubro O Valadouro acollerá a XXXIII  Feira do Mel

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O próximo 10 de outubro, O Valadouro ensalza o seu produto máis famoso na XXXIII  Feira do Mel.
Captura de pantalla 2019 10 15 a las 19.15.14
2 Out 2020

O próximo 10 de outubro, O Valadouro ensalza o seu produto máis famoso na XXXIII  Feira do Mel.

Unha edición que se ve condicionada pola pandemia covid-19 e que cambia de  localización respecto ás últimas edicións. Os apicultores e demais vendedores de  produtos de tempada como poden ser as castañas ou a mazá, poñerán á venda as súas  colleitas na explanada do parque Concepción Arenal, nun recinto delimitado e con  control de aforo adaptado á normativa vixente do covid-19.

As degustacións, os shows cooking e o roteiro de tapeo que se celebrou por primeira  vez na anterior edición foron suprimidas da programación, manteñen os sorteos de  lotes de produtos entre os asistentes que esta vez en lugar de realizarse  presencialmente serán a través do sorteo da ONCE.

A Banda de Música O Landro amenizará as rúas da Vila de Ferreira e ás 13.30 a  banda de Gaitas Mondrun dará un concerto na Praza de Santa María.

O Concello do Valadouro busca manter unha cita marcada na súa tradición, que  durante anos serviu para dar publicidade e valor ao ouro líquido que se extrae das  mais de 500 colmeas asentadas no seu termo municipal.

0.1023120880127