O Proxecto Ríos en Foz fará unha sesión informativa o sábado 17
O Proxecto Ríos en Foz, unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos, fará o vindeiro sábado 17 de setembro unha breve sesión informativa.
Esta actividades será ás 11.00 horas e o punto de encontro será o Teleclube de San Martiño. Inmediatamente despois iniciarase a actividade no río e contarase para todo o proxecto coa colaboración de Adega
O Proxecto Ríos, iniciouse no río Centiño na primavera de 2021 para as inspeccións periódicas, fundaméntase na realización destas para comprobar o estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección. Hai dúas campañas: a de primavera e a de outono, nas que se fan as inspeccións de río.
Dende a organización animan aos interesados a anotarse no correo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es ou no 672 121 714 para facilitar unha mellor organización da actividade.