O proxecto Burela-IN creará unha obra artística no muro da antiga fábrica conserveira

AMariñaXa
Vanse publicar as bases do concurso mural de Burela-IN centrado na elaboración dunha obra artística no muro da antiga fábrica conserveira
burela in
6 Feb 2022

A finais deste mes de febreiro sairán publicadas as bases do concurso mural do proxecto Burela-IN centrado na elaboración dunha obra artística no muro da antiga fábrica conserveira situado na entrada do Porto de Burela.

A obra presentada simbolizará a conexión da vila coa actividade mariñeira e para manter coherencia co espazo no que se situará a obra, nas propostas presentadas deben aparecer elementos relacionados coa actividade conserveira.

Así mesmo, empregaranse redes, nasas, e restos da antiga fábrica Gres Burela e outros aparellos e instrumentos marítimos.

Continuarán traballando en equipo diversas entidades vinculadas co proxecto, sociais e do mundo do mar, as cales colaborarán de maneira activa na proposta gañadora.

0.11008405685425