O proxecto audiovisual Camiño do Mar poderá verse mañá en Burela
Dentro das súas actividades de animación do ano 2021, o GALP A Mariña - Ortegal presenta un audiovisual promocional do territorio titulado O Camiño do Mar este xoves 30 de decembro ás 18:00h no salón de actos de Armadores de Burela ABSA no porto de Burela, e que simultaneamente se estreará na canle de youtube do Galp ou ben na páxina: https://youtu.be/0zPG6Jvjpsw
Este proxecto audiovisual ten como obxetivo a dinamización e promoción do Territorio Galp A Mariña - Ortegal a través da ruta do Camiño do Mar, a variante do Camiño Norte que desde Ribadeo chega a Ferrol para unirse co Camiño Inglés no seu percorrido cara Santiago de Compostela.
O vídeo exalta os recursos turísticos que ofrecen as comarcas da Mariña e Ortegal, empregando como fío conductor o trazado do Camiño do Mar, oficializado polo Cabildo da S.A.M.I. da Catedral de Santiago de Compostela e pendiente do recoñecemento definitivo pola Xunta de Galicia.
Unha sucesión de portos, praias, faros, paisaxe litoral, rías, cantís e fervenzas que podemos atopar no percorrido entre Ribadeo e Valdoviño. En definitiva, a promoción do patrimonio, natureza, cultura e gastronomía da zona.
Entre otros, caben destacar as imaxes de Ribadeo, Rinlo e a Praia das Catedrais; os areais de Barreiros, SanEstevo do Ermo e A Espiñeira; a Basílica de San Martiño e o Castro de Fazouro en Foz; o porto de Burela e as pinturas da Igrexa da Vila do Medio; o Paseo dos Namorados de Sargadelos e a ría e faro de San Ciprián; os cantís de Morás, Portocelo e San Tirso en Xove; a praia de Area, a ría de Viveiro e os Castelos de Covas; a Igrexa de Riobarba, a Ponte do Porto e Fuciño do Porco no Vicedo; os miradores do río Sor, Vares e O Barqueiro en Mañón; a ría de Ortigueira, o banco de Loiba, Couzadoiro e a fervenza do Casón; o cabo Ortegal, Sismundi e a praia da Concha en Cariño; San Andrés de Teixido, a Capelada e a praia da Magdalena en Cedeira; e a viaxe remata en Valdoviño coas imaxes da capela da Virxe do Porto, as praia de Pantín e a Lagoa de A Frouxeira.
O vídeo promocional ten mais de 10 minutos de duración e fai un percorrido lineal desde Ribadeo ata Valdoviño, pasando por todos os concellos e identificando as imaxes correspondentes a cada un deles. Combina localizacións reais do camiño con bens patrimoniais e sobre todo coa paisaxe mariñeira de todos os concellos polo que discorre.
Asimesmo elaborouse un teaser de presentación para redes sociais de un minuto e vinte segundos de duración, onde se presenta de forma resumida o territorio polo que discurre o Camiño sen diferenciar entre concellos nin comarcas, unha promoción única de A Mariña - Ortegal.
Para a documentación e asesoramento sobre o trazado contouse coa colaboración de Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz e autor do único libro-guía editado ata o momento sobre o Camiño na costa de Lugo; e tamén da Asociación de Amigos do Camiño do Mar e Peregrinación a Santiago, entidade que está a desenvolver unha importante labor no recoñecemento e posta en valor do Camiño do Mar.
O proxecto complétase coa edición dunha guía de 36 páxinas a toda cor onde se resumen en fotografías os puntos de maior interese turística de cada concello. Tanto a parte fotográfica coma audiovisual foi levada a cabo por Arracada Produccións.