O programa ribadense Cultura nas Parroquias chega a As Anzas este sábado
O programa Cultura nas Parroquias chegará este sábado 21 de novembro ao seu fin despois de todo un verán cheo de actividades. Este último espectáculo será na parroquia de Anzas.
Será ás 17.00 horas na escola de Anzas onde se poderá gozar do concerto de Pandeireteiras da Asociación Amigos da Gaita.
Cultura nas Parroquias arrincou o pasado 10 de agosto en Vilaframil coa actuación do cuarteto Illa Pancha e seguiu en Rinlo co concerto audiovisual Versión Fin. En setembro houbo actividades o 19 en tres localizacións diferentes: na Escola de Vilaselán, no Teleclub de Santalla e no Circulo Habanero da Devesa; o 25 de setembro en Couxela á saída da misa; o 10 de outubro na Escola de Remourelle; o 21 de novembro nas Anzas.
Contan que tamén chegue a San Pedro de Arante e a Cedofeita, aínda que as datas están por determinar.