O programa Porta a Porta estará en Burela en novembro

AMariñaXa
O Concello de Burela acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
2 Nov 2022

O Concello de Burela informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará de novo á localidade no mes de novembro, concretamente os días 9, 10 e 11 de dito mes.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

O autobús do Porta a Porta estará na Praza do Concello de Burela co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.

O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, habendo unha primeira xornada explicativa dos servizos.

porta a porta burela

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1887629032135