O programa "Ourol Saudable", organizado polo Concello, comezará o 6 de maio
O concello de Ourol organiza o programa "Ourol Saudable", destinado a mellorar as condicións de vida e promocionar a actividade física e unha dieta saudable.
Esta actividade terá lugar todos os luns dos meses de maio e xuño e comezará o día 6 de maio en horario de 10:00 h a 11:30 h. Está destinado a todas as persoas que queiran participar.
As actividades que se van realizar tratarán a nutrición e exercicios cardiovasculares, dando claves para coidar a dieta e previr enfermidades como a diabetes, hipertensión, colesterol, obesidade, osteoporose e artrose. Cando o tempo o permita os exercicios terán lugar no parque bio-saudable de Ourol ou ó paseo da Rega.
Ademais haberá sesións especiais para nais e pais con fillos pequenos que queiran aprender pautas para unha correcta alimentación ou trucos para durmir ós nenos e nenas máis pequenos.
Falarase sobre a hixiene postural, o coidado da espalda, posturas correctas, movilización de cargas, aprender a camiñar.
E tamén sobre a biblioterapia, que consiste en axudar a pacientes e familiares a entender mellor e a afrontar os problemas de saúde, así como mellorar o seu benestar a través da lectura.
Todas as actividades estarán dirixidas por un experto na materia con titulación en fisioterapia e nutrición.
Xa se trataron temas como a anatomía da columna vertebral, as bases para facer exercicio correctamente, a conveniencia ou non de tomar complementos vitamínicos, puxemos en funcionamento a escola de espalda e o Club Paseo da Rega para organizar camiñatas. Ademais cada semana plantexan un reto: durante a primeira semana os asistentes debían reducir á metade o seu consumo de azucre, na segunda semana platexouselles o reto de camiñar 150 minutos semanais e o terceiro reto consistiu en comer peixe como mínimo dúas veces por semana.
Todas as semanas planteamos un reto diferente e adaptámolo ás necesidades e situacións das persoas que asisten ó curso.
As persoas que queiran participar poden chamar ó teléfono 982 55 90 19 en horario de 9:00 h a 14:00 horas.