O programa Imos andar do Concello de Ribadeo adianta a súa hora de saída durante o verán
AMariñaXa
O programa Imos andar do Concello de Ribadeo adianta a súa hora de saída durante o verán. . E así se manterá ao longo dos vindeiros meses.
22 Jun 2023
O programa Imos andar do Concello de Ribadeo adianta a súa hora de saída durante o verán.
Desde o 22 de xuño a actividade dará comezo ás 9.15 horas no punto de encontro habitual, que son as escaleiras da Praza de Abastos. E así se manterá ao longo dos vindeiros meses.
Nestas andainas saudables e sociais participan persoas de todas as idades. Desenvólvense desde finais do ano 2021 os martes e os xoves.
Durante este verán os martes os camiñantes farán o percorrido ata As Aceas e os xoves ata o faro da Illa Pancha.